xoves, 17 de xuño de 2021

Xornada de eliminación de especies invasoras no ecosistema dunar de Nigrán

O 27 de maio, alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha actividade de eliminación de especies invasoras no complexo dunar de Nigrán.

A primavera é o momento idóneo para controlar a dispersión das especies vexetais invasoras pois procedendo á súa eliminación en época de floración, evítase a dispersión das sementes, o que contribuiría a agrabar o problema.

No complexo dunar de Nigrán atópanse principalmente 3 especies vexetais invasoras:  Arctoteca calendula (margarita africana), Conyza canadensis e Cortaderia selloana (herba da pampa).

 Arctoteca calendula

 Conyza canadensis
 Cortaderia selloana

A presencia de especies invasoras constitúe a día de hoxe un problema medioambiental de caracter global. A mobilidade asociada ás viaxes e o tráfico de mercadurías a nivel global facilita a dispersión de diversas especies que irrumpen nos ecosistema desequilibrándoos. As especies invasoras son unha das principais causas da desaparición da biodiversidade.

Podedes atopar máis información sobre as especies invasoras en Galicia seguindo este enlace.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario