mércores, 4 de decembro de 2019

Estudo da microfauna edáfica

O alumnado de 3º de ESO estuda a microfauna que vive no solo.

Na saída para estudar as caractrísticas dun solo, o alumnado recolleu mostras de dous horizontes do solo para estudar a microfauna que habita nel.
As mostras puxéronse nun embudo de Berlese-Tullgren para extraer do solo os organismos microscópicos. 9 días despois e coa axuda dunha lupa binocular, o alumnado puido observar a microfauna obtida.

Saberías que aparace en cada fotografía?












Cumio do clima, COP25


Esta semana comezou en Madrid a Conferencia das Partes (COP) que é o órgano de decisión supremo da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o cambio climático (UNFCC polas súas siglas en inglés).


Ante a ameaza global que supón o cambio climático ocasionado pola acumulación de gases de efecto invernadoiro de orixe antropoxénico, os gobernos de moitos paises do mundo reúnense para buscar a maneira de combater e frear as emisións de gases de efecto invernadoiro e os devastadores efectos do cambio climático.

No cumio que se está a celebrar en Madrid preténdese por un lado, avanzar no artigo 6 do acordo acadado en París, polo que se establecen os mecanismos de intercambio de emisións, o que significa que os paises que máis contaminan poden compensar as súas emisións pagandolle a outros paises que contaminan menos.

Por outro lado, o outro obxectivo da COP25 é que os paises que suscriban o acordo se comprometan a reducir as súas amisións de gases de efecto invernadoiro.

Sen embargo, a gran ausencia dos tres paises que máis contaminan no mundo (Estados Unidos, Brasil e Reino Unido) fan dubidar dos resultados deste cumio.

Podes atopar máis información na páxina oficial da COP25.

martes, 26 de novembro de 2019

Estudo do solo

O alumnado de 3º de ESO está a realizar unha actividade de estudo dun solo.

Na saída polas inmediacións do instituto, o alumnado puido observar a estructura dun solo aproveitando un corte no terreo. Neste caso, trátase dun solo pouco desenvolvido cun escaso horizonte A e un potente horizonte C formado por xabre (resultado da meteorización química por hidrólise do granito). Ademaís de observar as características estructurais dos horizontes, recolléronse mostras de solo para observar a microfauna que se desenvolve nos mesmos.

Os solos constitúen un recurso non renovable e forman en sí mesmos un ecosistema onde o medio físico (biotopo) e os seres vivos (biocenose) se atopan en equilibrio.













A noticia da semana

Un grupo de peces en un arrecife de coral.






Los peces escapan al fondo del océano por el cambio climático.
El Pais.
25/11/2019.

martes, 19 de novembro de 2019

Plan Proxecta

O Dpto. de Ciencias Naturais do IES Val Miñor desenvolve un proxecto educativo dentro do Plan Proxecta na liña de Paisaxe e Sustentabilidade.

Contratos programa

O Dpto. de Ciancias Naturais do IES Val Miñor participa nos contratos programa en varias liñas de traballo.