martes, 11 de febreiro de 2020

Charles Darwin, 211 anos despois


O 12 de marzo de 1809 nacía en Sherewsbury (Inglaterra) Charles Darwin, un científico que había cambiar a humanidade para sempre coa súa proposta da Teoría da Evolución. A súa vida plagada de aventuras, producíu no seu pensamento un auténtico proceso evolutivo.

Darwin no National History Museum de Londres.

domingo, 2 de febreiro de 2020

Día Mundial dos Humedais

O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humedais con obxectivo de chamar a atención acerca da importancia destes ecosistemas.

O IES Val Miñor non podía deixar pasar esta data sen organizar unha actividade de sensibilización e educación mediambiental non só para o alumnado do centro senon tamén para a cidadanía da contorna, centrada na Foz do Miñor, un espazo natural clave no Val Miñor.

Un grupiño de lumos e alumnas de 3º de ESO colaboraron na elaboración dun cartel que grazas ó apoio do concello de Nigrán, imprimimos e puxemos na Ramallosa toda a fin de semana.


O domingo organizamos unha vista guiada pola Foz do Miñor. Un grupo de 50 persoas asistiron á convocatoria e percorremos o perímetro da Foz resaltando os seus valores naturais, a súa importancia para as aves migratorias e para o sector marisqueiro, pois as marismas estuáricas constitúen un dos ecosistemas máis productivos do mundo.








Contamos a orixe xeolóxica da foz do Miñor, unha orixe que se remonta a hai 350 millóns de anos na denominada Orixenia Hercínica e como a elevación do nivel do mar (transgresión mariña) dende o último periodo glaciar hai 18.000 anos contribuíu á creación do estuario do río Miñor.



Desgraciadamente, foi obrigado facer referencia ós problemas de degradación deste ecosistema. Falamos da alarmante contaminación que dende 1998 (22 anos) fixo necesario tomar medidas de control sobre a explotación  de moluscos (berberechos e ameixa fina). Tales son os niveis de contaminación que a día de hoxe o sector marisqueiro da Foz do Miñor é prácticamente inexistente. Lonxe quedan xa aqueles anos onde 76 persoas extraían moluscos deste esteiro que chegaron a facturar 170.000€. Unha actividade económica perdida pola falta de control dos verquidos fecais.



As actividades humanas supoñen para a comunidade de aves da Foz do Miñor un factor de estres. As grandes concentracións de persoas en eventos nos que se inclúe megafonía, a presencia de cans, a circulación de embarcacións deportivas perturban a tranquilidade que estas aves necesitan para descansar e retomar forzas para continuar as súas longas viaxes migratorias.






Finalmente, non puidemos deixar de falar da intensa actividade urbanizadra que afecta á Foz alterando gravemente a dinámica dos sedimentos.



Agradecemos ó concello de Nigrán o seu apoio para esta actividade e esperamos que coñecendo o noso entorno aprendamos a valoralo, respetalo, protexelo e conservalo.



Saída a Monteferro

O 24 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita a Monteferro para aprender da súa xeoloxía.



Comezamos en Patos onde puidemos ver os vestixios dun depósito sedimentario sobre o sustrato metamórfico que caracteriza este lugar.

Dende alí avanzamos pola costa e dende Porbecelo puidemos ver a plataforma de abrasión que o mar ten erosionado e onde se ve claramente a orinetación da rochas metamórficas da banda esquistosa Monteferro-O Rosal.

Xa no Patín da Meda observamos o contacto entre as rochas metamórficas e plutónicas máis occidentais.






Dende aquí subimos ata as Pinisas Grandes onde puidemos describir a xeomorfoloxía da costa desta zona sur da provincia de Pontevedra.




Baixamos á Punta Mexilloeira e onde observamos o comezo da serie metamórfica en rochas que datan do Cámbrico. Dende aquí avanzamos e paulatinaente fomos pasando polas distintas formacións rochosas cara ó Ordovícico.







En Seixos Negros e tal e como o seu nome indica vimos un dique de rochas ultrabásicas.


Finalmente en Arribas Brancas vimos un contacto intrusivo de aplita.