xoves, 17 de xuño de 2021

Estudo do intermareal rochoso de Monte Lourido (Nigrán)

Aproveitando a baixamar, o alumnado de 1º de bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía realizou unha saída o venres 27 de maio para estudar a biodiversidade do intermareal rochoso de Monte Lourido.


Organizados en pequenos grupos de traballo, algunhas alumnas levantaron o perfil topográfico do intermareal, empregando un nivel óptico.



Outros fixeron un inventario das especies nas diferentes zonas do intermareal (intermareal superior, medio e inferior) co obxectivo de comparar como varía a comunidade de seres vivos en función das condicións ambientais de cada zona.













Realizouse un perfil topográfico do transecto estudado.



Xornada de eliminación de especies invasoras no ecosistema dunar de Nigrán

O 27 de maio, alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha actividade de eliminación de especies invasoras no complexo dunar de Nigrán.

A primavera é o momento idóneo para controlar a dispersión das especies vexetais invasoras pois procedendo á súa eliminación en época de floración, evítase a dispersión das sementes, o que contribuiría a agrabar o problema.

No complexo dunar de Nigrán atópanse principalmente 3 especies vexetais invasoras:  Arctoteca calendula (margarita africana), Conyza canadensis e Cortaderia selloana (herba da pampa).

 Arctoteca calendula

 Conyza canadensis
 Cortaderia selloana

A presencia de especies invasoras constitúe a día de hoxe un problema medioambiental de caracter global. A mobilidade asociada ás viaxes e o tráfico de mercadurías a nivel global facilita a dispersión de diversas especies que irrumpen nos ecosistema desequilibrándoos. As especies invasoras son unha das principais causas da desaparición da biodiversidade.

Podedes atopar máis información sobre as especies invasoras en Galicia seguindo este enlace.