xoves, 16 de decembro de 2021

Estudo da topografía da praia e do ecosistema dunar


O pasado 11 de decembro o alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO realizou un traballo de campo co obxectivo de estudar o perfil topográfico da Praia e a distribución das especies vexetais dunares en función das súas características adaptativas, no concello de Nigrán.

Para coñecer a evolución do perfil de Praia ó longo do ano, un grupo de alumnas e alumnos levantaron un perfil topográfico da Praia de Nigrán empregando un nivel óptico. Mentres tanto, o resto do alumnado estudou a distribución da vexetación dunar ó longo dun transecto perpendicular á línea de costa. Delimitáronse cadrados de 1x0,5 metros ó longo do transecto e en cada cadrado anotouse a porcentaxe de cobertura de cada unha das especies identificadas. Para controlar os factores ambientais, medíuse o pH e a temperatura en diferentes zonas da duna.

Os resultados ainda en elaboración presentatranse despois das vacacións de nadal.

O estudo realizado forma parte das actividades do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía dentro do proxecto “Achegándonos á Natureza” que se desenvolve ó abeiro do Plan Proxecta dentro da liña de paisaxe e sustentabilidade, no que participan ademáis o alumnado de 3º de ESO e 1º de bacharelato.

A actividade estivo monitorizada polos profesores do departamento María Victoria Villar e Juan Hermida.