Amosando publicacións coa etiqueta Proxecta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecta. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de decembro de 2021

Estudo da topografía da praia e do ecosistema dunar


O pasado 11 de decembro o alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO realizou un traballo de campo co obxectivo de estudar o perfil topográfico da Praia e a distribución das especies vexetais dunares en función das súas características adaptativas, no concello de Nigrán.

Para coñecer a evolución do perfil de Praia ó longo do ano, un grupo de alumnas e alumnos levantaron un perfil topográfico da Praia de Nigrán empregando un nivel óptico. Mentres tanto, o resto do alumnado estudou a distribución da vexetación dunar ó longo dun transecto perpendicular á línea de costa. Delimitáronse cadrados de 1x0,5 metros ó longo do transecto e en cada cadrado anotouse a porcentaxe de cobertura de cada unha das especies identificadas. Para controlar os factores ambientais, medíuse o pH e a temperatura en diferentes zonas da duna.

Os resultados ainda en elaboración presentatranse despois das vacacións de nadal.

O estudo realizado forma parte das actividades do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía dentro do proxecto “Achegándonos á Natureza” que se desenvolve ó abeiro do Plan Proxecta dentro da liña de paisaxe e sustentabilidade, no que participan ademáis o alumnado de 3º de ESO e 1º de bacharelato.

A actividade estivo monitorizada polos profesores do departamento María Victoria Villar e Juan Hermida.












mércores, 24 de marzo de 2021

Xornada de limpeza de Praia América no IES Val Miñor


O pasado 26 de febreiro o alumando de terceiro de ESO do IES Val Miñor participou nunha xornada de educación e sensibilización ambiental, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais do IES Val Miñor, no marco do Plan Proxecta e co apoio do Concello de Nigrán.

Durante a mañá, 52 alumnos e alumnas, acompañados de 5 profesores, organizáronse en grupos e distribuironse en 4 zonas de traballo, comprendidas entre a desembocadura do río Muíños e Monte Lourido, co fin de recoller o lixo existente dende a liña de marea ata o complexo dunar.























O lixo recollido foi clasificado nunha planilla onde os residudos se agruparon según o tipo de material do que están feitos e a súa orixe (plástico, metal, madeira, material de construcción, textil, goma, etc). As bolsas co material recolectado foron retiradas por persoal do Concello ao final da mañá.





Unha análise preliminar dos datos amosan que a meirande parte dos resiudos son de material plástico e que gran parte deles son plásticos de pequeño tamaño, aínda que tamén se atoparon moitos restos de material de construcción, partes de aparellos de pesca e toalliñas hixiénicas. Entre os resiudos de maior tamano apareceron cordas, redes e pallets.





Á súa vez, aproveitouse a xornada para que o alumnado aprezara a presenza de seres vivos ou dos seus rastros sobre a praia, mesmo enredados no lixo, poñendo en evidencia o feito de que a praia é un ecosistema que sofre unha forte presión debido ás actividades humanas.







Os datos recopilados foron analizados polo alumnado e expostos no Instituto co fin de divulgar os resultados e concienciar a toda a comunidade educativa da importancia de coñecer e respectar o noso entorno natural. Cos datos obtidos confeccionouse o seguinte póster:





venres, 20 de marzo de 2020

Alumnado de 1º de ESO visita o complexo dunar de Nigrán


O alumnado de 1º de ESO visitou o xoves 12 de marzo o complexo dunar de Nigrán.

A visita enmárcase dentro das actividades que se desenvolven ó abeiro do Plan Proxecta dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade que está a coordiar a profesora do Departamento de Ciencias Naturais Liliana Monetti.

O obxectivo desta actividade foi o de coñecer a importancia das dunas no mantemento do litoral e da biodiversidade.

O complexo dunar de Nigrán, declarado ENIL (Espazo Natural de Interés Local) polo concello de Nigrán, xoga un papel moi importante como reservorio de area evitando así que durante o inverno os temporais erosionen a praia. Ó mesmo tempo, o cordón dunar protexe o litoral da forte oleaxe no inverno, evitando así graves efectos sobre as infraestruturas (estradas, paseos…).

O ecosistema dunar da acubillo a un gran número de especies animais e vexetais perfectamente adaptadas a este tipo de ambiente.

Durante a visita, o alumnado puido identificar as especies vexetais características e observar as súas adaptacións a este ambiente tan singular.

Pola súa situación, as dunas de Nigrán están sometidas a numerosas ameazas que poderían afectar ó seu equilibrio natural. A limpeza mecanizada das praias afecta á dnámica natural dos bancos de area e á conservación e protección da flora dunar.

O alumnado identificou as principais especies vexetais exóticas invasoras, observou a presencia de numerosos residuos e atopou restos, case un ano despois, da última festa de San Xoan.


A xornada tivo un marcado carácter educativo e de sensibilización mediambiental. É necesario que a poboación local, especialmente os rapaces, coñezan a importancia do seu patrimonio natural porque só a través do coñecemento poden aprender a respetalo e a conservalo.