O pasado 11 de decembro o alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO realizou un traballo de campo co obxectivo de estudar o perfil topográfico da Praia e a distribución das especies vexetais dunares en función das súas características adaptativas, no concello de Nigrán.
Para coñecer a evolución do perfil de Praia ó longo do ano,
un grupo de alumnas e alumnos levantaron un perfil topográfico da Praia de
Nigrán empregando un nivel óptico. Mentres tanto, o resto do alumnado estudou a
distribución da vexetación dunar ó longo dun transecto perpendicular á línea de
costa. Delimitáronse cadrados de 1x0,5 metros ó longo do transecto e en cada
cadrado anotouse a porcentaxe de cobertura de cada unha das especies
identificadas. Para controlar os factores ambientais, medíuse o pH e a
temperatura en diferentes zonas da duna.
Os resultados ainda en elaboración presentatranse despois das
vacacións de nadal.
O estudo realizado forma parte das actividades do
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía dentro do proxecto “Achegándonos á
Natureza” que se desenvolve ó abeiro do Plan Proxecta dentro da liña de paisaxe
e sustentabilidade, no que participan ademáis o alumnado de 3º de ESO e 1º de
bacharelato.
A actividade estivo monitorizada polos profesores do
departamento María Victoria Villar e Juan Hermida.