O
alumnado de 1º de ESO visitou o xoves 12 de marzo o complexo dunar de Nigrán.
A
visita enmárcase dentro das actividades que se desenvolven ó abeiro do Plan
Proxecta dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade que está a coordiar a
profesora do Departamento de Ciencias Naturais Liliana Monetti.
O
obxectivo desta actividade foi o de coñecer a importancia das dunas no
mantemento do litoral e da biodiversidade.
O
complexo dunar de Nigrán, declarado ENIL (Espazo Natural de Interés Local) polo
concello de Nigrán, xoga un papel moi importante como reservorio de area
evitando así que durante o inverno os temporais erosionen a praia. Ó mesmo
tempo, o cordón dunar protexe o litoral da forte oleaxe no inverno, evitando
así graves efectos sobre as infraestruturas (estradas, paseos…).
O
ecosistema dunar da acubillo a un gran número de especies animais e vexetais
perfectamente adaptadas a este tipo de ambiente.
Durante
a visita, o alumnado puido identificar as especies vexetais características e
observar as súas adaptacións a este ambiente tan singular.
Pola
súa situación, as dunas de Nigrán están sometidas a numerosas ameazas que
poderían afectar ó seu equilibrio natural. A limpeza mecanizada das praias
afecta á dnámica natural dos bancos de area e á conservación e protección da
flora dunar.
O
alumnado identificou as principais especies vexetais exóticas invasoras,
observou a presencia de numerosos residuos e atopou restos, case un ano
despois, da última festa de San Xoan.
A
xornada tivo un marcado carácter educativo e de sensibilización mediambiental.
É necesario que a poboación local, especialmente os rapaces, coñezan a
importancia do seu patrimonio natural porque só a través do coñecemento poden
aprender a respetalo e a conservalo.