martes, 23 de febreiro de 2021

Elaboración do perfil topográfico da praia

O alumnado de Xeoloxía de 2º de bacharelato, acompañados polos Profesores do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Liliana Monetti e Juan Hermida, elaboraron o perfil topográfico da praia de Nigrán.




Aproveitando o bó tempo e despois dun ano de non poder realizar saídas por mor da pandemia da COVID-19, por fín pudemos sair do centro, gardando as medidas sanitarias, para realizar traballo de campo. Nesta ocasión tratouse de elaborar o perfil topográfico da praia de Nigrán, nunha zona especialmente sensible por albergar os últimos vestixios dun ecosistema dunar noutrora moi extenso.


A dinámica das praias ó longo do ano modifica o perfil da praia nas diferentes estacións. As masas de area desprázanse mar adentro no inverno creando unha berma que protexe o litoral fronte á acción erosiva da oleaxe. No verán estas masas de area volven desprazarse cara á praia. Por esta razón as dunas xogan un papel crucial como reservorios de area que protexen o litoral da forte acción erosiva do mar, especialmente no inverno. A eliminación das dunas pola construcción de paseos ou pola acción urbanizadora contribúe a agravar os efectos dos temporais invernais sobre as infraestruturas o que esixe unha crecente inversión de diñeiro público para a súa restauración e conservación.












Facer un seguemento da evolución do perfil da praia ó longo do ano pode axudarnos a comprender a importancia da conservación dos ecosistemas costeiros e as consecuencias da súa alteración.

A metodoloxía é moi simple e require o emprego dun nivel óptico, dunha cinta métrica e dunha vara graduada.