domingo, 2 de febreiro de 2020

Saída a Monteferro

O 24 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita a Monteferro para aprender da súa xeoloxía.



Comezamos en Patos onde puidemos ver os vestixios dun depósito sedimentario sobre o sustrato metamórfico que caracteriza este lugar.

Dende alí avanzamos pola costa e dende Porbecelo puidemos ver a plataforma de abrasión que o mar ten erosionado e onde se ve claramente a orinetación da rochas metamórficas da banda esquistosa Monteferro-O Rosal.

Xa no Patín da Meda observamos o contacto entre as rochas metamórficas e plutónicas máis occidentais.






Dende aquí subimos ata as Pinisas Grandes onde puidemos describir a xeomorfoloxía da costa desta zona sur da provincia de Pontevedra.




Baixamos á Punta Mexilloeira e onde observamos o comezo da serie metamórfica en rochas que datan do Cámbrico. Dende aquí avanzamos e paulatinaente fomos pasando polas distintas formacións rochosas cara ó Ordovícico.







En Seixos Negros e tal e como o seu nome indica vimos un dique de rochas ultrabásicas.


Finalmente en Arribas Brancas vimos un contacto intrusivo de aplita.



Ningún comentario:

Publicar un comentario